Tumbrigde
Nome: Tumbrigde
Tipo: Carboeiro
Nacionalidade: Inglesa
Data: 11/01/1890
Lugar: Punta Boi
No lugar das Vermellas, na Punta Boi, o 11 de xaneiro de 1890, naufragou o vapor carboeiro de nacionalidade inglesa, con matrícula de Londres. A súa carga foi recuperada.
Os ocupantes da caseta que acollía ós carabineiros de garda foron os primeiros en coñecer a traxedia. Nun primeiro momento, ante a ausencia da tripulación, creuse que finaran, pero días despois recibíronse novas de que foran rescatados por outro barco.