• galegogalego
  • EspañolEspañol
  • FrançaisFrançais
  • EnglishEnglish
FOLLOW US ON:
Ruta de los naufragios Ruta de los naufragios Ruta de los naufragios
  • Inicio
  • Mapa
  • Naufraxios
  • Audio Relatos
  • Calendario
  • Galería
  • Ligazóns
  • Contacto

Standard

Nome:  Standard
Tipo: Carboeiro
Nacionalidade: Noruega
Data: 11/02/1897
Lugar: Illas Lobeiras (Arou)   

—AUDIORELATO: CADERNO DE BITÁCORA–


 

Este vapor carboeiro partira o 4 de febreiro do porto galo de Havre rumbo a Huelva con bocois e pipas baleiros. O seu capitán, Hans C. Andersen, foi relevado na garda da ponte ás catro da madrugada do 11 de febreiro polo primeiro oficial do buque noruego. A noite escurecía un mar infernal que o barco capeaba como podía.Media hora despois do relevo de garda, o Standard colisionou violentamente co Baixo do Negro. A duras penas efectuaron o abandono do barco no primeiro bote salvavidas 11 tripulantes xunto ó seu capitán e facéndoo nun segundo, o fogueiro, o cociñeiro e dous mariñeiros.

A mala sorte fixo que a segunda das embarcacións fora levada ó fondo do mar por unha gran onda e desapareceran tres dos seus tripulantes, salvándose milagrosamente Johan Sodinbirg polos brazos dos compañeiros do primeiro bote.

O destino permitiulles pisar  a area da praia das Lobeiras, sorteando incriblemente toda unha morea de cabezos e rompentes a flor de auga, chegando con vida os trece compoñentes da embarcación auxiliar. Ó rachar o día do 11 foron testemuñas dun segundo afundimento, o do  Daylight.

A poboación de Arou rebuscou nos baúis na procura de prendas para abrigar ós náufragos.Coas poucas das que dispoñían xa vestiran ós superviventes do City of Agra.

Naufraxios e Lugares

  • Aceritual
  • Alekos
  • Antón
  • Avon Blancy
  • Banora
  • Barcelona
  • Begoña
  • Black Arrow
  • Boris Sheboldaef
  • Brigneti
  • Cabo Verde
  • Camariñas
  • Camelle
  • Castillo Monteagudo
  • Charlton
  • Ciampa
  • City of Agra
  • Constancia
  • Daylight
  • Delfina
  • Diligent
  • Dique Francés
  • Dique Yugoslavo
  • Duro
  • F. Rophina
  • Faro Vilán
  • Framillo (Franlla)
  • Hildur
  • Huelva
  • Irish Hull
  • La Cantabria
  • Laxham / Gijón
  • Luz
  • María Laar
  • Modesto Fuentes
  • Natalia
  • Nil
  • Nord Atlantic
  • N´Noll-Zent
  • Olimpye
  • Perenchins
  • Prestige
  • Preston
  • Prima
  • Revanchil
  • Rivadavia
  • Rosario nº 2
  • Saint Marc
  • Saint Weller
  • San Fernando
  • Santa María
  • Santa Mariña
  • Seebold
  • Serpent
  • Signore Mazzini
  • Standard
  • Starn Ann
  • Tinacria
  • Travesie
  • Trebezy
  • Trevidere
  • Tumbrigde
  • Weiler-3
  • Wolfstrong
  • Yaga
  • Yale Hermoso
  • Yeoman
NEWSLETTER SIGNUP
Your email format is wrong!
Thank you for your subscription
Sad, but we couldn't add you to our mailing list ATM.

Loading...
Also, you can stay in touch with us here:






FOLLOW US ON: