Rosario nº 2
Nome: Rosario n.º 2
Tipo: Draga
Nacionalidade: Holandesa
Data: 11/01/1904
Lugar: Batedora (Santa Mariña)
Na noite do 11 ao 12 de xaneiro de 1904, no baixo da Batedora, na costa de Santa Mariña, estrelouse a draga Rosario n.º 2, que dende Rotterdam se dirixía a Rosario, en Arxentina. Era un buque novo, perdido ao igual que outros tantos por erro na navegación.
Os quince homes da tripulación foron salvados polos habitantes de Santa Mariña, que mediante andariveis os puideron trasladar un a un a terra, a forte marusía fixo imposible soltar os botes.