F. Rophina
Nome: F. Rophina
Tipo: Carboeiro
Nacionalidade: Inglesa
Data: 23/09/1898
Lugar: Augas do Vilán
Ás catro da tarde do 23 de setembro de 1898,entraba o buque Cartagena, con grandes danos na súa obra morta, no porto coruñés.
Dirixíase dende Avilés a Barcelona con carbón, cando o 23 ás tres da madrugada acometía, debido á brétema, a un buque polo seu costado. O sinistro acontecía ao NE do Cabo Vilán.
O Cartagena arribou coa súa proa desfeita, xunto cos dous únicos superviventes do barco inglés asolagado na colisión, o F. Rophina:o seu capitán e un tripulante.
O barco británico dirixíase a Huelva con carbón de Cardiff.