• galegogalego
  • EspañolEspañol
  • FrançaisFrançais
  • EnglishEnglish
FOLLOW US ON:
Ruta de los naufragios Ruta de los naufragios Ruta de los naufragios
  • Inicio
  • Mapa
  • Naufraxios
  • Audio Relatos
  • Calendario
  • Galería
  • Ligazóns
  • Contacto

Camelle

Estacións de Salvamento en Camelle

—BALEAS BRANCAS PARA A FAME NEGRA–


buzo+2

Un reflexo do pulo que tivo Camelle nos anos vinte do século pasado, que desapareceu, como os náufragos do balandro San Fernando nas augas de Trece.

No ano 1898 establécese en Camelle  a Estación de Salvamentos Barbeito Rodríguez e Compañía, adicándose á prestación de auxilios a buques que o requiran, salvamento das súas cargas e despezamento e aproveitamento dos seus despoxos.

Equipada con varios barcos como o “Camelle” ,“Pepe”, “P.F.” un barco taller chamado “Finisterre”, un almacén (na actual Casa do Alemán) e varios buzos ó seu servizo,no ano 1904 muda o nome a Compañía de Salvamentos Marítimos e amplía as súas actividades ao pasaxe entre A Coruña e Ferrol.
Ademais dos socios fundacionais: Juan Barbeito e Federico Rodríguez, forman parte do consello de dirección os sobriños de José Pastor e fillos Marchesi Dalmau.

As novas actividades non parece que foran moi rendibles e no ano 1924 disólvese a compañía, sacando a poxa o seu equipamento:

“Dos vapores, un balandro a motor, un flotador con cabrestante para 80 toneladas, dos bombas de 12 pulgadas, una de 8 pulgadas y otras más pequeñas, compresor neumático,una caldera multitubular portátil anclas, cadenas, cables, aparejos, máquinas para buzos y material completo para salvamentos. Para detalles dirigirse Apartado Correos, 31 –La Coruña”

A Compañía Barbeito foi un pulo na economía de Camelle, ademáis da contratación da tripulación para os seus barcos, supuxo unha escola para formar aos mellores buzos e profesionais nesas tarefas.  Camelle foi o centro de recepción de todos os náufragos, representantes das Compañías de Seguros, persoal de aduanas, cónsules de distintos países, xa que nas oficinas da compañía practicábanse as primeiras dilixencias, procurábase aloxamento ós náufragos e transporte para o seu traslado. Outras compañías viñeron a substituíla na procura dos mellores buzos e profesionais da Costa da Morte, como: Compañía Pastor, Compañía Viúva de Márquez, Compañía José Vázquez, Compañía Pérez Leis, etc..

Naufraxios e Lugares

  • Aceritual
  • Alekos
  • Antón
  • Avon Blancy
  • Banora
  • Barcelona
  • Begoña
  • Black Arrow
  • Boris Sheboldaef
  • Brigneti
  • Cabo Verde
  • Camariñas
  • Camelle
  • Castillo Monteagudo
  • Charlton
  • Ciampa
  • City of Agra
  • Constancia
  • Daylight
  • Delfina
  • Diligent
  • Dique Francés
  • Dique Yugoslavo
  • Duro
  • F. Rophina
  • Faro Vilán
  • Framillo (Franlla)
  • Hildur
  • Huelva
  • Irish Hull
  • La Cantabria
  • Laxham / Gijón
  • Luz
  • María Laar
  • Modesto Fuentes
  • Natalia
  • Nil
  • Nord Atlantic
  • N´Noll-Zent
  • Olimpye
  • Perenchins
  • Prestige
  • Preston
  • Prima
  • Revanchil
  • Rivadavia
  • Rosario nº 2
  • Saint Marc
  • Saint Weller
  • San Fernando
  • Santa María
  • Santa Mariña
  • Seebold
  • Serpent
  • Signore Mazzini
  • Standard
  • Starn Ann
  • Tinacria
  • Travesie
  • Trebezy
  • Trevidere
  • Tumbrigde
  • Weiler-3
  • Wolfstrong
  • Yaga
  • Yale Hermoso
  • Yeoman
NEWSLETTER SIGNUP
Your email format is wrong!
Thank you for your subscription
Sad, but we couldn't add you to our mailing list ATM.

Loading...
Also, you can stay in touch with us here:






FOLLOW US ON: