Ciampa
Nome: Ciampa
Tipo: Carboeiro
Nacionalidade: Italiana
Data: 30/04/1911
Lugar: Baleas de Tosto
O 30 de abril de 1911, coa borraxeira como cómplice, o Ciampa naufragaba nas Baleas de Tosto. A tripulación, a salvo nas lanchas, puido divisar como o barco se somerxía no océano. Unha hora e media antes, na preta enseada de Trece, sucumbía o Trevidere.