Brigneti
Nome: Brigneti
Tipo: Carbonero
Nacionalidade: Italiana
Data: 17/02/1893
Lugar: Ensenada de la Arnela
A nave italiana, navegaba dende Cardiff con carbón, cando se viu sorprendida, aos 19 días de viaxe, polo temporal, preto da zona de Vilán.
Viña facendo auga polo pésimo estado do seu casco, que levaba anos sen carena nova. A auga comezou a penetrar na súa deteriorada estrutura polas físgoas da madeira xa debilitada, ata que o perigo de afundimento se consumou. O capitán, o señor Marini, ordenou arriar os botes.A salvo neles, levaron algunhas das súas pertenzas e a documentación do buque. O afundimento da brikbarca Brigneti acontecía as 9 da maña do 17 de febreiro de 1893