Black Arrow
Nome: Black Arrow
Tipo: Mercante
Nacionalidade: Estadounidense
Data: 09/08/1929
Lugar:As Pías
O Black Arrow foi parte do botín de guerra que os aliados lle arrebataran os alemáns ó remate da Primeira Guerra Mundial. Realizaba a ruta Habana – Bilbao ,con 630 toneladas de carga xeral, 52 pasaxeiros e 113 tripulantes. Navegaba entre densa néboa a media máquina e sondando continuamente, ata que se avariou o aparello, encallando no lugar das Pías o 9 de agosto de 1929. O rescate realizouse sen atrancos ante o bo tempo.
O barco tamén puido ser rescatado, tras unhas reparacións no lugar.