Dique Yugoslavo
Nome: Dique Iugoslavo
Tipo: Dique
Nacionalidade: Iugoslavo
Data:28/12/1972
Lugar: Enseada de Trece
O 28 de decembro de 1972, un dique flotante iugoslavo foi dar contra a enseada de Trece no medio dun violento temporal. Este dique tiña capacidade para buques de 3000 toneladas. O artefacto ía desde Alemaña a Iugoslavia, cando por efecto do tempo partiu o cable que o suxeitaba a un dos remolcadores, facendo imposible afastalo da costa e das rochas.