Terras de buzos e naufraxios

Terra de piratas, lugar de atraso económico e social onde as xentes se adicaban a saquear. Esa foi a idea que durante tantos anos tiveron os estranxeiros das terras da actual Costa da Morte. O gran número de naufraxios ocorridos ao longo do século XIX fixo que os mariñeiros ingleses temeran á costa atlántica galega. Falaban de mitos que aseguraban que os locais provocaban desastres marítimos para abastecerse, mais co…Siga lendo

Camariñas, cando a realidade se dilúe na lenda

“Noutros tempos críase, e aínda hoxe crese, que aqueles lugares están malditos por Deus, e en verdade, que xamais a consella popular tivo máis razóns de vida que nesta ocasión en que todo parece indicar á alma atribulada, que unha maldición pesa sobre aquelas praias tan desertas, pero tamén tan poéticas e fermosas no medio da súa nudez”. La hija del mar, Rosalía de Castro. A Costa da Morte foi…Siga lendo

Naufraxios e gatos de navío

Os expertos datan a domesticación de gatos cara o 4000 a. C. no Antigo Exipto, comezando a levalos a bordo nas embarcacións a través do Nilo co obxectivo de cazar nas pantanosas beiras do río os paxaros que por alí habitaban. Pasado o tempo, foron utilizados en navíos mercantes para controlar aos roedores, e así a utilidade primixenia mudou, e acabaron sendo adoptados por mercadores doutras vilas do Mediterráneo oriental….Siga lendo

In memoriam…Beti Donosti

O 23 de Abril, día de festividade do patrón San Xurxo na vila de Camariñas, é tamén de sentimentos encontrados. Por unha banda, a alegría da festa, e pola outra o recordo e a nostalxia dunhas familias que ese mesmo día foron marcadas de por vida. No referido á navegación, días negros, xa que foron varias as traxedias ocorridas nestas datas e nesta vila, pero ningunha tan tráxica como a…Siga lendo

Naufraxio Virxe da Barca

Se entendemos por naufraxio o proceso polo cal unha embarcación se afunde mentres navega polo mar, río, lago, lagoa ou calquera outra masa de auga non poderíamos dicir que o da Virxe da Barca sexa un naufraxio ao modo, pero si ao se tratar dun encallamento e posterior “despezamento in situ” da embarcación polas inclemencias meteorolóxicas e a acción do mar. A saber, non houbo que lamentar vítimas. Tanto a…Siga lendo

NAUFRAXIOS E SOÑOS CREBADOS

A aparición do submarino supuxo a creación de novas tácticas na guerra naval. A Primeira Guerra Mundial marcou o inicio do que ía supor a guerra submarina da gran confrontación. Os estrategos alemáns usaron a táctica de grupos coñecida como manada de lobos e atacaron sen descanso os convois ingleses e a toda flota aliada provocando un gran despregue de medios navais e aéreos para protexer o tráfico comercial. A…Siga lendo

Actos de conmemoración dos 122 anos do naufraxio do vapor «City of Agra»

Pique para acceder á noticia e ás fotos dos actos de conmemoración do naufraxio do «City of Agra»

Naufraxio do City of Agra, 122 anos na memoria de Arou e Camelle

Dos dias 1 ao 3 de febreiro desenvolverase en Arou e Camelle unhas actividades conmemorativas do afundimento deste barco. Organiza a Asociación de Naufraxios Galegos en colaboración co Concello de Camariñas, a Confraría de pescadores de Camelle e a asociación de veciños A Pergoliña. Venres 1 febreiro 20:30. Presentación do programa e inahuguración exposición City of Agra. Museo do Alemán 22:00 apertura dos roteiros polos locais de hostalería de Camelle…Siga lendo

Charlas e actividades da Fin de Semana dos Naufraxios

Dentro da Fin de Semana dos Naufraxios, o venres 16 de novembro, ás 19:0 no Bar O Paella de Camelle, falarase de Naufraxios e rescates. Interveñen dous grandes coñecedores deste tema. Manuel Tajes O Rubio de Camelle buzo experto en rescates e Fernando Patricio presidente da Asociación Naufraxios de Galicia O sábado ás 12:00h na Confraría de Camariñas a mesa de charlas denominada “Naufraxios: patrimonio e creatividade” amosará exemplos e…Siga lendo

Andaina guiada polos Naufraxios de Camariñas

Durante esta Fin de Semana dos Naufraxios, o domingo 18 de novemb pola mañá realizarase unha andaina guiada dende o Faro Vilán para descobrer os naufraxios da costa de Camariñas. É gratuíta previa inscrición. Será necesario ter un mínimo de 15 inscricións para que se realice. Máis información: www.camarinas.net 981737004 turismo@camarinas.net