Charlas e actividades da Fin de Semana dos Naufraxios

Dentro da Fin de Semana dos Naufraxios, o venres 16 de novembro, ás 19:0 no Bar O Paella de Camelle, falarase de Naufraxios e rescates. Interveñen dous grandes coñecedores deste tema. Manuel Tajes O Rubio de Camelle buzo experto en rescates e Fernando Patricio presidente da Asociación Naufraxios de Galicia
O sábado ás 12:00h na Confraría de Camariñas a mesa de charlas denominada «Naufraxios: patrimonio e creatividade» amosará exemplos e boas prácticas neste eido. Contaremos coa presenza de Miguel San Claudio, Investigador asociado da Universidade Nova de Lisboa e director da área de patrimonio subacuático da Liga Naval Española. Tamén interveñen Bernardino Martinez autor das teatralización Noite dos Naufraxios e Naufraxios en Camelle e tamén autor da ruta dos naufraxios de Camariñas. Remata esta mesa o relator Rafael Lema que falará dos naufraxios nas súas novelas e ensaios. É bo coñecedor desta temática con varios libros editados e a novela Crónicas Corsarias.
Cartel Relatorios Naufraxios