Layar
¿Qué é Layar?
Layar é unha aplicación móbil de Realidade Aumentada que mostra información multimedia sobre o mundo real que che rodea.
¿Cómo funciona?
Primeiro descargase a aplicación Layar nun teléfono ou tableta con sistema operativo Android, Apple ou Blacberry.
O uso da aplicación necesita de conexión a internet e ter o GPS ou a localización activados.
Na pantalla móstranse os naufraxios nun radio de 5 Km.
Pica aquí para descargar a aplicación Layar
¿Cómo atopo en Layar a Ruta dos Naufraxios?
Unha vez aberta Layar, dende o menú entra en Geo Layers, escribe Ruta Naufragios, en castelán, no buscador de capas.
¿Qué información aparece na Ruta dos Naufraxios?
A Ruta dos Naufraxios mostra información multimedia sobre 63 naufraxios e 4 puntos de interese situados na costa de Camariñas.
Podes, ademais, escoitar os relatos que recrean algúns dos naufraxios máis significativos.
¿Cómo se utiliza?
No Layar mostrase a información das seguintes formas:
- Realidade Aumentada: Mostra a localización de cada naufraxio na pantalla do teu dispositivo. Se queres acceder á información dun naufraxio, só tes que pulsar sobre a icona que se atopa na parte inferior. Podes trazar a ruta até o naufraxio desde Como chegar?.
- Icona da Ruta dos Naufraxios: pulsando nel móstrase o mapa. Permite compartir a ruta por correo ou nas redes sociais, tomar unha foto e defínense os metros de procura de naufraxios: desde 100 m a 5 km.
- Mapa: nel móstranse todos os naufraxios e puntos de interese. Pulsando en cada naufraxio mostrarase toda a información sobre o mesmo dende unha icona na parte inferior da pantalla.
- Lista: mostra unha listaxe de naufraxios e puntos de interese ordenados segundo a distancia á que nos atopemos deles. Para acceder á información hai que pulsar sobre cada elemento e aparecerá un menú coas posibles opcións.
- Compás: á esquerda da parte superior móstrasenos un disco que indica a posición e a distancia de cada naufraxio.