Naufraxio Virxe da Barca

Se entendemos por naufraxio o proceso polo cal unha embarcación se afunde mentres navega polo mar, río, lago, lagoa ou calquera outra masa de auga non poderíamos dicir que o da Virxe da Barca sexa un naufraxio ao modo, pero si ao se tratar dun encallamento e posterior “despezamento in situ” da embarcación polas inclemencias meteorolóxicas e a acción do mar.

A saber, non houbo que lamentar vítimas. Tanto a Patroa coma os tres mariñeiros que a acompañaban saíron ilesos milagrosamente.

Este acontecemento foi moi soado no seu tempo debido ás condicións tan extremas que se daban no día dos feitos, eran as axeitadas para que acontecese unha desgraza: ondas de tal magnitude que chegaban ao millo, temporal de vento campal e, sobre todo, o escabroso lugar de rochas onde aconteceu.

Comezou unha peregrinación ata o lugar para poder dar creto o que de boca en boca se ía contando polos portos da bisbarra, feito do cal se fixo eco a Igrexa para montar alí un lugar de culto; derrubando unha pequena capela do século XV para construír no seu lugar o actual Santuario.

Na contorna do Santuario de Nosa Señora da Barca hoxe en día pódense apreciar algúns restos da embarcación, como a súa vela, o plan do casco e mais a cana do temón. Os restos están petrificados debido á acción do tempo e do mar. Atribúenselles diferentes poderes máxicos como o da fertilidade ou o da protección da Pedra de Abalar, curación de dores do lombo e riles á Pedra dos Cadrís, se se pasa aquelas veces por debaixo dela, ou o de conceder prosperidade a un novo proxecto ou empresa que se vaia acometer á Pedra do Temón.

mar

Arxires Mouzo Ramos
Alumno-Traballador
Obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO”
Especialidade de promoción turística local e información ao visitante.
banda de logos