NAUFRAXIOS E SOÑOS CREBADOS

A aparición do submarino supuxo a creación de novas tácticas na guerra naval. A Primeira Guerra Mundial marcou o inicio do que ía supor a guerra submarina da gran confrontación. Os estrategos alemáns usaron a táctica de grupos coñecida como manada de lobos e atacaron sen descanso os convois ingleses e a toda flota aliada provocando un gran despregue de medios navais e aéreos para protexer o tráfico comercial. A guerra submarina foi moi dura, pereceron miles de soldados de todos os bandos, e, a costa galega foi, pola súa situación xeográfica escenario de moitos combates marítimos e por ende de gran número de afundimentos.

A Segunda Guerra Mundial foi o maior conflito armado da humanidade, nela leváronse a cabo miles de enfrontamentos, un deles en Galicia coñecido coma a “Guerra do Wolframio” que a piques estivo de provocar que EEUU invadira o estado español. Este metal proporcionaba unha gran dureza ao aceiro, motivo polo cal era como ouro para os nazis xa que con el blindaban os seus tanques e as cabezas dos proxectís aumentando a súa capacidade de penetración, asegurando así un maior éxito.

Os nazis reclamaron ao goberno franquista o cobro pola axuda prestada durante a Guerra Civil Española, autorizando por iso a explotación deste prezado metal tan rico na nosa terra xa que éramos punto xeoestratéxico dentro do territorio da contenda. Moitos dos nosos petroleiros foron empregados para transportar wolframio, sempre escoltados polos submarinos alemáns (U669, U751, U564…), moitos deles xacen actualmente no fondo da costa galega ao redor de 36 pecios.

En 1944 as forzas aliadas e en concreto o Reino Unido ameazou con invadir o estado a través do territorio galego se non se paralizaba este comercio. A consecuencia desta ameaza foi o contrabando, principalmente dende o porto de Valarés, sendo a explotación de Monte Neme (Carballo) a que estivo activa durante máis tempo.

Chegada de sobreviventes a Camariñas.

klkllk 

No medio da crueldade bélica cabe destacar diversos acontecementos, algúns bos, a pesar do momento, pero a maioría malos.

Contan que a mañá do 10 de novembro de 1916 sería inesquecible para a veciñanza de Camariñas. Ao amencer, cando os pescadores saían o mar a faenar como case todos os días, comezaron a saír unha manchea de botes salvavidas, aparentemente pertencentes a buques torpedeados por algún submarino alemán nas súas inmediacións. Chegaron un total de 143 superviventes procedentes de diferentes vapores que foron a pique. O suceso, segundo a información proporcionada de primeira man polos capitáns dos vapores que chegaban ao porto camariñán, fora producido polo ataque do submarino alemán U-49.
 
 
 
Os buques afundidos, segundo contan os náufragos foron:

1- O COLUMBIA, mercante de bandeira de EEUU cun cargamento de cobre, aceiro e graxa. O U-49 agardou para afundilo a que amainase o temporal que azoutaba ese día a nosa costa. Cando as condicións meteorolóxicas o permitiron, o comandante alemán ordenoulles abandonar o buque dándolles permiso para recoller os seus obxectos persoais. Cando a tripulación estivo nos botes, varios soldados alemáns subiron a bordo do mercante apoderándose de parte da carga para logo colocar estratexicamente tres cargas de dinamita e poñer apique o barco.

2-O BALTO, con bandeira de Noruega, foi torpedeado a altura do Cabo Vilán. O comandante deu dez minutos para que a tripulación abandonara o buque, e acto seguido, situou o submarino a cen metros polo costado de babor do mercante para asegurarse así de que os seus torpedos non erraran o branco, e o afundimento fora un éxito.

3-O FORCADELA
tamén con bandeira Noruega, ía cargado de carbón. Despois de que a tripulación abandonara o buque os alemáns colocaron nas súas adegas cargas explosivas para poñelo a pique.

4-O SCATONIA, mercante británico cargado de piñeiros para apuntalar minas, cun só torpedo dirixido a súa liña de flotación afundiu o buque.

5-O IRIS, non se dispón de datos concretos.

O comandante alemán recolleu abordo os capitáns dos buques que afundiu e escoltou os botes ata a entrada da ría de Camariñas. Resaltan as crónicas da época a “cabaleiresca” do comandante alemán do U-49, mais como posteriormente reafirman os datos non foi tal, xa que aínda que escoltou os botes até a entrada da Ría de Camariñas o número de náufragos non coincide co total da tripulación, deixando á súa sorte a un número importante de mariñeiros.

Buque Columbia

Buque Columbia

Mónica Carballo Sar
Alumna-Traballadora
Obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO”
Especialidade de promoción turística local e información ao visitante
banda de logos