Naufraxio do City of Agra, 122 anos na memoria de Arou e Camelle

Dos dias 1 ao 3 de febreiro desenvolverase en Arou e Camelle unhas actividades conmemorativas do afundimento deste barco. Organiza a Asociación de Naufraxios Galegos en colaboración co Concello de Camariñas, a Confraría de pescadores de Camelle e a asociación de veciños A Pergoliña.

Venres 1 febreiro
20:30. Presentación do programa e inahuguración exposición City of Agra. Museo do Alemán
22:00 apertura dos roteiros polos locais de hostalería de Camelle

Sábado 2 febreiro
10:30 Roteiro Animado Os naufragos do Agra. Andaina que sairá no mirador Lobeiras de Arou e rematará na Igrexa do Espirito Santo de Camelle ás 14:00h
17:45 Relatorio A navegación na época do naufraxio do City of Agra. Francisco Amado Castro (Franciso do Coral). Casa do Alemán
20:00 Representación “Recreación chegada dos superviventes do naufraxio Cityof Agra”. Fronte ao Museoo do Alemán
Roteiros polos locais de hostalería ao remate da representación

Domingo 3 de febreiro
12:30 Saída dende o palco da música de Camelle da Comitiva da partida dos naufragos do City of Agra rumbo ao porto de A Coruña.

Haberá unha carpa preto do Museo Casa do Aleman cun MERCADIÑO MARIÑEIRO. As persoas interesada en montar un posto (é de balde) poden contactar no Tfn 610 984 015 ou 618 998 962

50445768_923885271136326_7615232828355117056_n