Wolfstrong
Nome: Wolfstrong
Tipo: Carboeiro
Nacionalidade: Inglesa
Data: 11/1870
Lugar: Illas Lobeiras (Arou)
Unha dura maña de novembro de 1870, a xente de Arou ergueuse coa sorpresa de que se producira unha perda preto das illas Lobeiras. Tratábase do barco mixto, de vela e paletas, Wolfstrong. Non houbo superviventes entre a tripulación, de 28 homes. Cando os habitantes de Arou se encamiñaron ó lugar, só viron os restos do buque, e atoparon na ladeira do acantilado dous cadáveres entre os toxos, mudando o leito da morte.