Novas datas da Fin de Semana dos Naufraxios en Camariñas: 16, 17 e 18 de novembro

Despois de ser aprazado debido ás condicións metereolóxicas, esta fin de semana, os dís 16, 17 e 18 de Novembro, Camariñas celebrará o ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas.
Camariñas prepárase para unha ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas

· As teatralización serán o venres 16 en Camelle con Naufraxios en Camelle e o sábado, 17 de novembro, terá lugar a teatralización Noite dos Naufraxios no cemiterio dos ingleses
· Do venres 16 ao domingo 18 haberá unha Ruta de Tapas na que participan máis de 20 establecementos.
· Levaranse a cabo Rutas dos Naufraxios para escolares e adultos e haberá relatorios e actividades para nenos e nenas

Novo Cartel Naufraxios 2018O Concello de Camariñas vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas. Do 16 ao 18 de novembro celébrase a Fin de Semana dos Naufraxios’, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades.

Este ano, posposto pola alarma laranxa de temporal, celebrase unha semana despois do aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’, no que o cruceiro da Royal Navy afundiuse en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá, a partir das 21 horas do sábado 17, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña.

Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán gozar durante todo o fin de semana dunha ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que os 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería A Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.

Para aquelas persoa que enchen o cupón cós selos de polo menos 6 tapas, o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todas as persoas que selen as 6 tapas recibirán un agasallo dunha viseira. O horario para degustar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.

Cartel Ruta guiada NaufraxiosPor outra banda, haberá rutas guiadas para adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. É imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico turismo@camarinas.net.

Relatorios en Camelle e Camariñas achegaranos ás historias de naufraxio e rescates e para os máis pequenos obradoiros e actividades o sábado.

Consulta o programa ou informate no 981737004 turismo@camarinas.net

poster tapas

ficha inscricion

Programa Fin de semana Naufraxios 2018 Fin (2)