9, 10 e 11 de Novembro: Fin de Semana dos Naufraxios con propostas gastronómicas, culturais e turísticas en Camariñas

Cartaz FNaufraxiosFinal

Camariñas prepárase para unha ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas
· O sábado, 10 de novembro, terá lugar o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’ e a teatralización Noite dos Naufraxios
· Do venres 9 ao domingo 11 haberá unha Ruta de Tapas na que participan 20 establecementos.
· Levaranse a cabo Rutas dos Naufraxios para escolares e adultos e haberá representación teatral en Camelle.

Camariñas vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas. Do 9 ao 11 de novembro celébrase a Fin de Semana dos Naufraxios’, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades.

O acto central terá lugar o sábado, 10 de novembro, cando se celebrará o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’, o cruceiro da Royal Navy que se afundiu en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá, a partir das 21 horas, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Real Liga Naval Española.

Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán gozar durante todo o fin de semana dunha ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que os 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.

1 Programa Fin de semana Naufraxios 2018 FinPara aqueles que enchen o cupón con selos das 6 das tapas participantes o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todos os que proben as 6 tapas recibirán un agasallo dunha gorra-viseira. O horario para probar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.

Por outra banda, haberá unha serie de representacións teatrais e rutas guiadas dirixidas a nenos e adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. O venres 9, no Bar o Paella o Rubio de Camelle e Fernando Patricio falarán sobre naufraxios na zona e, ás 21 horas, haberá unha teatralización dos naufraxios en Camelle; O sábado 10, na Lonxa de Camariñas estará o programa da TVG ‘Buscadores de Naufraxios’ e haberá unha ponencia de Bernardino Martínez, celebrarase o Magosto na Praza do Mercado. Por último, o domingo 11 haberá unha ruta con saída do Faro Vilán ata o Cemiterio dos Ingleses e na Praza do Mercado instalarase unha carpa con animación para os nenos relacionada cos naufraxios.

Para as rutas guiadas é imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico turismo@camarinas.net.

2 Programa Fin de semana Naufraxios 2018 2Fin

Cartel Tapas

ficha inscricion

45083902_2193494914269398_777838733587120128_o

Camelle